Sunday 05 de May de 2024

Camariñas inicia o reparto das 15.000 máscaras coordinadas polo departamento da Mostra do Encaixe


Comezouse polas persoas en situación de vulnerabilidade, supermercados, empresas, fábricas, estancos, confrarías e quioscos.

O Concello de Camariñas comezou xa o reparto das 15.000 máscaras
confeccionadas por preto de 50 voluntarias coordinadas desde a
semana pasada polo departamento da Mostra do Encaixe.
Primeiramente están a distribuírse ás persoas en situación de
vulnerabilidade e tamén en supermercados, empresas, fábricas,
estancos, confrarías e quioscos. Cando se remate, terá lugar o
reparto ao resto da poboación, que se fará a través de Correos para
que cheguen a todos os fogares.
O goberno local puxo á disposición da veciñanza o teléfono da
concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, para xestionar calquera tipo
de dúbida ou información sobre o reparto. O teléfono é o 667 03 43
05 e tamén pode empregarse para comunicar calquera tipo de
urxencia na entrega das máscaras da que o Concello non sexa
consciente actualmente.
As máscaras fabricáronse todas con tela dobre para maior protección.
Foron 14.000 con material ‘tejido no tejido’ (TNT) que adquiriu o
Concello e outras 1.000 con algodón 100% doado pola empresa
Yutes, de Barcelona.

A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, quixo transmitir
“tranquilidade” aos veciños e veciñas de Camariñas e asegurou que
“chegará a todas as casas pero teñen prioridade as persoas en
situación de vulnerabilidade e as que están traballando”. Ademais,

Gabinete de prensa: 618 081 497

lembrou que estas máscaras “non son homologadas polo que no
poden ser utilizadas no ámbito sanitario”.